Farrukhābād
Farrukhābād
Cidade do estado de Uttar Pradesh, India, situada á beira do río Ganxes (193.624 h [1991]). A principal actividade económica é a agricultura, sobre todo o cultivo de cana de azucre, patacas, tabaco e cereais. Fundada en 1714 polo dirixente afgán Nawab Muhammad Khan, foi capturada polos Marathas en 1751 e cedida aos británicos en 1802.