fartura
fartura
(
s
f
Gran abundancia de algo, ás veces excesiva. Na tradición oral recóllense ditos como: “A fartura sete faltas disimula. Coa fartura calquera pobre atura. Non peca de gula o que nunca tivo fartura.
Frases feitas
-
Con fartura. Copiosamente, con profusión.
Refráns
- A cunca chea os ollas alegra.
- A ovella farta, do rabo fai manta.
- A vaca farta, do rabo fai a cama.
- Ben canta Marta despois de farta.
- Boas olas, boas sobras.
- Bocado por bocado, é mellor o que deixa a un máis farto.
- Cando é moita a cera na igrexa, está o abade de festa.
- Cando o home ten leiras que traballar e a muller fariña que amasar, na casa non falta pan.
- Carpo farto gaba a Deus.
- En non comer por "ter comido", non hai nada perdido.
- Fártase un de comer e beber e non se farta de saber.
- Inda agora se come o pan da voda.
- Máis vale ir farto á misa, que en xexún a vésperas.
- Na casa do cura sempre hai fartura.
- Non hai cousa que máis farte que o comer.
- O cabalo farto non é comedor.
- O lobo, farto de carne, meteuse frade.
- O moito pan tamén chega a cansar.
- Pan con fartura cansa logá, se moito dura.
- Sempre é bo día, cando a tixola chía.
- Tanto é pouco como é nada, que non aproveita nin dana.
- Xexuar despois de ben farto non custa un carto.
- ¡Toma un ovo e fártate!