Fārūq I de Exipto

Fārūq I de Exipto

Rei de Exipto (1936-1952) e do Sudán (1951-1952), fillo e sucesor de Fu’ad I. O seu goberno tentou o equilibrio entre as intervencións británicas e as aspiracións do Partido Nacionalista Wafd. O descontento pola corrupción do goberno e o fracaso na guerra contra o Estado de Israel provocaron a creación do movemento dos Oficiais Libres que forzaron a abdicación do rei (1952) no seu fillo Fu’ad II e o seu exilio.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : O Cairo

  • Deceso

    Lugar : Roma