Fattori, Giovanni
Fattori, Giovanni
Pintor e gravador italiano. Formouse na Accademia de Florencia (1846), da que foi profesor dende 1886 e na que fomentou o estilo persoal de cada un dos seus alumnos. Participou nos movementos independentistas de 1848 e 1849, e afeccionouse ás obras de temática militar, entre outras, Il campo italiano dopo la bataglia di Magenta (O campo italiano despois da batalla de Magenta, 1861). Centrouse no estudo da realidade, concretado na escola dos macchiaioli florentinos, e dende 1861 evolucionou cara á simplificación da forma.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Livorno -
Deceso
Lugar : Florencia