Faucon, Bernard
Faucon, Bernard
Fotógrafo francés. Doutorouse en Filosofía na Universidade da Sorbonne (1973). A partir de 1965 dedicouse á pintura, ata que en 1976 decidiu centrarse na fotografía. Realizou as series As vacacións do verán, Estancias do amor, Papeis que voan, Estancias de inverno e Estancias de ouro. Expuxo a súa obra por numerosas cidades europeas e participou na III Fotobienal celebrada en Vigo (1988) e na mostra PhotoEspaña 99 en Madrid.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Apt