Feá, Santa María de
Feá, Santa María de
Igrexa parroquial situada en Toén. Construída en estilo románico a finais do s XII e comezos do s XIII, ten unha soa nave e ábsida rectangular con arco triunfal apuntado apoiado en semicolumnas pegadas. A portada principal ten unha dobre arquivolta apuntada, con decoración axadrezada a exterior. No tímpano destaca a cruz de Malta. A cornixa decórase con métopas, canzorros e outros elementos decorativos.