feacio -cia
feacio -cia
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos feacios.
-
s
Individuo deste pobo.
-
s
m pl
[MIT]
Pobo mitolóxico de mariñeiros descendentes de Féax. Orixinarios do país de Hiperia, de onde foran expulsados polos cíclopes, chegaron ata a illa de Esqueria, xa desde a Antigüidade identificada con Corcira (Corfú). O seu rei, Alcínoo, acolleu a Ulises cando volvía de Troia e se dirixía a Ítaca, e deulle un navío no que efectuaría a última etapa da súa viaxe. Non obstante , Posidón, co permiso de Zeus, castiga os feacios transformando en rocha a nave e rodeando a capital dos feacios cunha montaña. Tamén chegaron a terras feacias os argonautas, e alí celebrouse a voda entre Xasón e Medea.