Fechner, Gustav Theodor

Fechner, Gustav Theodor

Físico e filósofo. Foi profesor de física en Leipzig (1834), pero unha longa enfermidade (1939) apartouno do ensino e levouno a desenvolver o seu pensamento filosófico, centrado especialmente en cuestións psicolóxicas e relixiosas. Escribiu algunhas obras influído por F. W. J. von Schelling e polos filósofos orientais, e baixo o pseudónimo de Dr. Mises publicou escritos humorísticos. Pola súa obra Elemente der Psychophysick (1860) considérase o abandeirado da psicoloxía experimental ou psicofísica. Con E. H. Weber formulou as leis de Webwer-Fechner que relacionan a intensidade das sensacións coa dos estímulos.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Gross

  • Deceso

    Lugar : Särchen, Brandenburg

  • Deceso

    Lugar : Leipzig