fecundidade
(
-
s
f
Calidade de fecundo.
Sinónimos: fertilidade. Antónimos: esterilidade, infecundidade. Confrontacións: feracidade. -
s
f
[BIOL]
Capacidade de fecundación, que depende das características xenéticas e do medio interno e externo. Os estímulos sensoriais, a luz, a temperatura, a humidade e o efecto de grupo son os factores externos que inflúen máis sobre a fecundidade. A fecundidade nun animal caracterízase polo seu potencial reprodutor, que nos vivíparos corresponde ao número de fillos por camada e nos ovíparos ao número de ovos por posta, e tamén ao número de postas ou de camadas ao ano. A necesidade de manter o equilibrio ecolóxico condiciona a fecundidade das especies, polo que é importante a relación que existe entre o número de ovos por posta e o número de ovos que sobreviven, e entre o número de fillos por camada e o número de fillos que sobreviven. Normalmente os organismos asumen unha idade reprodutiva limitada, suficiente para substituír a súa poboación varias veces.
Sinónimos: fertilidade. Antónimos: esterilidade. -
s
f
[DEMOG]
Relación entre o número de nacementos e o número de mulleres en idade fértil. Normalmente establécese a taxa de fecundidade por idades (cociente entre o número de nacidos de nais dunha determinada idade e o número total de mulleres desa mesma idade) e sumadas todas as mulleres en idade fértil, obtense a taxa de fecundidade neta, contraposta á taxa de fecundidade xeral. Tamén se poden considerar só os nacementos femininos, co que se poden proxectar as posibilidades reprodutoras futuras.
-
ritos de fecundidade
[HIST/RELIX]
Ritos e actos simbólicos polos que os homes procuraron, dunha maneira relixiosa ou máxica, a expansión e a conservación da vida en calquera das súas manifestacións, vexetais, animais ou humanas. Prácticas como a circuncisión e subincisión, a clitoridectomía están parcialmente vinculadas á busca da fecundidade en diversas culturas. Na cultura tradicional galega existiron diversos rituais de carácter relixioso e simbólico para propiciar ou atraer a fecundidade, como os que se celebraban na Lanzada (o baño das nove ondas) ou na “pena do namorados”, en Ponteareas, ademais de noutros santuarios.