fertilidade
(< lat fertilĭtāte)
-
s
f
Calidade de fértil.
Sinónimos: fecundidade. Antónimos: esterilidade, infertilidade. -
s
f
[DEMOG]
Posibilidade fisiolóxica de procrear. A demografía centra o seu interese nas mulleres, que permanecen en idade fértil entre a puberdade e a menopausia. Debido a que o inicio desas etapas se manifesta cunha gran desigualdade cronolóxica, en función dun conxunto de factores moi diversos -tanto intrínsecos (xenéticos), como extrínsecos (ambientais)-, a efectos estatísticos estableceuse convencionalmente como idade fértil o período comprendido entre os 15 e os 49 anos de idade. As taxas de fertilidade consideran o número de nacementos con respecto ao continxente de mulleres dunha poboación comprendidas nesas cohortes de idade, polo que poden ser moito máis precisas ca as taxas brutas de natalidade á hora de analizar o comportamento vexetativo desa poboación.
-
rituais de fertilidade
[HIST]
Rituais e costumes polos que os homes, sobre todo nas civilizacións agrarias, expresaron o seu recoñemento do sagrado, que se manifestaba na colleita e, en xeral, na fertilidade da terra. Moitos destes rituais perduraron, con novas interpretacións, despois de que a denominada “relixión da terra” deixara paso a relixións universais como o cristianismo, o budismo ou o Islam. No ciclo cultural destacan as festas da sementeira, do comezo da colleita e sobre todo a do final da colleita, nas que eran frecuentes as prácticas como a hierogamia, a orxía e as ofrendas. Tamén se realizaba a ofrenda das primicias dos froitos, o derramamento do sangue das víctimas, os banquetes de comuñón e a aspersión con auga, e incluso con seme, entendida como unha fecundación mística da terra.