fértil
fértil
(< lat fertĭle)
-
adx
Antónimos:
estéril.
-
[BIOL]
Aplícase ao individuo con capacidade para participar na reprodución.
Antónimos: estéril. -
[BOT]
Aplícase á flor con capacidade para orixinar froito.
Antónimos: estéril. -
[AGR]
Aplícase ao solo que presenta unha alta produtividade. As condicións que favorecen a fertilidade dun solo son: presentar unha composición granulométrica equilibrada; un bo complexo arxilo-húmico; unha alta capacidade de cambio catiónico; humidade suficiente; microflora rica e elementos minerais abundantes e non tóxicos.
Sinónimos: feraz. Antónimos: estéril.
-
[BIOL]
-
adx
Que produce abundancia de ideas, obras intelectuais ou cousas inmateriais en xeral.
Ex: É un escritor moi fértil, escribe tres libros cada ano.
Antónimos: estéril. -
adx
[FÍS]
Aplícase ao elemento con capacidade para servir de combustible nuclear, como é o caso do 238 U e 232 Th.