Fehling, reactivo de
Fehling, reactivo de
[QUÍM]
Solución de sulfato de cobre(II), hidróxido de sodio e tartrato sódico-potásico (sal de Rochelle) que se emprega para detectar azucres, aldehidos e outras substancias redutoras nunha solución, polo feito de que a acción do reactivo produce óxido de cobre(I) (Cu2O) de cor vermella. Descubriuno o químico alemán H. Ch von Fehling.