Fehr, Gertrude
Fehr, Gertrude
Fotógrafa alemana. Estudiou fotografía no obradoiro de Eduard Wasow e na Escola Nacional Bávara de Fotografía de Múnic. Durante o III Reich exiliouse en París, onde coñeceu a obra de Man Ray. Nos comezos da Segunda Guerra Mundial trasladouse a Vevey, Suíza, onde fundou unha escola na que colaboraron algúns destacados fotógrafos como Jacot, Dalain e Sieff. A partir de 1960 traballou como independente. Expuxo a súa obra no Müncher Stadtmuseum de Múnic e no Museum Ludwing de Colonia.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Maguncia -
Deceso