Feira de Santana

Feira de Santana

Cidade do estado de Baía, Brasil, na beira dereita do río Jacuípe (450.487 h [1996]). Constitúe un importante nó de comunicacións, no que o comercio dos produtos agropecuarios, especialmente o gando, é a base da súa economía. Tamén é un destacado núcleo industrial centrado nos sectores da metalurxia, o papel e a alimentación. Tivo as súas orixes na construción dunha capela dedicada a Santa Ana no s XVIII, ao redor da que se construíron numerosas vivendas e rúas. En 1833 constituíuse como municipio, aínda que non foi ata 1873 que adquiriu a categoría de cidade co nome de Cidade Comercial de Feira de Santana. Do seu patrimonio cultural destacan o Centro Universitário de Cultura e Arte (CUCA) e as igrexas matriz e de Nossa Senhora dos Passos.