Feiraco
Feiraco
[PUBLIC]
Revista bimensual editada a partir de agosto de 1994 no concello de Negreira. Coordinada por Andrés V. Fernández e Xosé S. Montes, serviu como medio informativo para os miles de socios cooperativistas repartidos por máis de cen concellos de Galicia. Ademais de datos económicos sobre o funcionamento da cooperativa e información referida ás asembleas, incluíu artigos relacionados co medio agrícola e gandeiro, actos de inauguración de novas instalacións, disposicións legais relacionadas coas normativas da UE e os últimos avances tecnolóxicos en materia agroalimentaria.