Felicidade
Felicidade
[ONOM]
Antropónimo que ten a súa orixe no substantivo latino felicitate ‘felicidade’, que pasou a nome persoal de carácter augural en época cristiá (Felicitas), expresando a alegría polo nacemento dun fillo. Ten a variante Felícitas e o hipocorístico Felicita. Levaron este nome varias santas mártires dos primeiros séculos; entre elas, unha viúva romana (164?) e unha escrava (202). A súa festividade celébrase o 7 de marzo (antes da reforma litúrxica o 6 de marzo).