Felicidade, santa
Felicidade, santa
(s III) Escrava romana. Pariu en prisión e foi martirizada en Cartago xunto coa súa dona, santa Perpetura o 7 de marzo de 203, por orde do Emperador Severo. Colocáronas na praza cunha malla de xeito que un touro as corneou, aínda que non morreron. A Felicidade cortáronlle a cabeza cunha machada. A súa festividade celébrase o 7 de marzo (antes da reforma litúrxica o 6 de marzo).