Feltre

Feltre

Cidade da provincia de Belluno, no Veneto, Italia (19.274 h [1991]). Importante centro agrícola e gandeiro. No sector secundario destacan as industrias metalúrxicas. Durante a Idade Media foi cidade libre e desde 1404 pasou a depender da República de Venecia. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de San Rocco (1599) e os restos do castelo.