feminista

feminista

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao feminismo.

  2. s

    Partidario do feminismo.

  3. teatro feminista

    Movemento teatral cunha certa implantación en Europa e América do Norte que parte tanto da prohibición e das limitacións que impediron que a muller puidesen desenvolver con plenitude unha carreira profesional no teatro, como do feito de que os espectáculos teatrais a miúdo ofrecen representacións da identidade que atentan contra a dignidade da muller, como persoa e como axente necesario na esfera pública. Os seus inicios hai que situalos entre finais do século XIX e principios do XX, coincidindo co movemento sufraxista e coas loitas pola igualdade de oportunidades, pero non foi ata os anos sesenta e setenta cando se desenvolveu plenamente, coas achegas de directoras, autoras e compañías de Francia, Italia, Inglaterra, Alemaña, EE UU, Rusia, Canadá ou América Latina. Desenvolveuse un movemento que converteu o teatro e a escrita dramática nun campo de expresión desde o que loitar contra as representacións da masculinidade como sexo dominante, afirmar novas representacións da condición feminina e apostar por unha estética da diferencia en liña con desenvolvementos artísticos derivados da posmodernidade. En Galicia o movemento non tivo un desenvolvemento notable, máis aló das achegas de autoras como María Xosé Queizán, en textos como Antígona, a forza do sangue (1991) ou de directoras e autoras como Dorotea Bárcena.