fenitrotion

fenitrotion
Nome científico: [tiofosfatode O,O- dimetilo e de O-(3-metil-4-nitrofenilo)]
s m [QUÍM/AGR]

Composto químico organofosforado que actúa como insecticida non sistémico activo por inxestión e contacto. Está autorizado en árbores froiteiras, viñas, cereais, arroz, plantas de horta (excepto crucíferas), plátano e árbores ornamentais. Catalogado como de alta toxicidade para as abellas, a súa aplicación limítase durante a época de floración das árbores froiteiras.