Fenton, Roger

Fenton, Roger

Fotógrafo inglés. En 1841 marchou a París estudar pintura. En 1847, xunto con outros once fotógrafos, fundou o Photographic Club en Londres. Encargouse da organización da primeira exposición a escala mundial consagrada exclusivamente á fotografía, que tivo lugar en Londres o 22 de decembro de 1852. Ao ano seguinte creouse a Photographic Society, na que Fenton tivo unha activa participación. En 1855 acudiu á Exposición Universal, onde obtivo un enorme éxito, e á Guerra de Crimea, que documentou con máis de 300 negativos. Participou na edición da revista The Stereoscopic Magazine (1858-1865) e publicou Stereoscopics Views in North Wales (1858).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Crimble Hall

  • Deceso

    Lugar : Londres