ferberita

ferberita

(< antropónimo R. Ferber, mineraloxistaalemán)

s f [MINERAL]

olframato de ferro, de fórmula FeWO4. Cristaliza no sistema monoclínico. É de cor acastañada ou negra, ten unha dureza entre 4 e 4,5 e un peso específico de 7,51. Foi descrita por Breithaupt a partir de exemplares procedentes de Galicia.

Palabras veciñas

feral | Feralias | feraz | ferberita | FERE | Ferécides de Siros | ferecrático -ca