FERE
FERE
Nome científico:
[Federación Española de Religiosos de la Enseñanza]
Organismo creado en 1957, continuación da Federación de Amigos de la Enseñanza (FAE), vinculado ao pensamento do nacionalcatolicismo español. A FERE adoptou unha estrutura moito máis ampla con carácter de corpo docente. Educadores, órgano da FERE nos seus inicios, adoptou posturas integrista que co tempo se foron superando. A partir da segunda metade da década dos sesenta a FERE colaborou na renovación pedagóxica dos colexios relixiosos.