Fergana

Fergana

Capital da oblast’ homónima de Uzbekistán (191.000 h[1995]). O cultivo de algodón e a súa transformación foi a principal actividade económica durante séculos. Destacou tamén como centro de produción e refinado de petróleo. Fundada polos rusos como gornición militar trala conquista do kanato de Kokand, nas súas orixes denominouse Novyy Margelan. En 1907 foi rebautizada co nome do seu conquistador ruso, Skobelev, e desde 1924 coñécese co nome de Fergana. Do seu patrimonio cultural destaca a casa de Skobolev, utilizada como teatro.