Feria

Feria

Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura (1.412 h [1996]). A agricultura e a gandería son as principais actividades económicas. Vinculada ao señorío dos Suárez de Figueroa, duques de Feria, foi declarada Ben de Interese Cultural en 1970. Do seu patrimonio cultural destacan, entre outros, a fortaleza da cidade de orixe musulmana, e as igrexas da Candelaria e San Bartolomé.