Fermi, Enrico
Físico e matemático. Estudiou na Universidade de Pisa, onde se doutorou en Física en 1922. Ampliou os seus estudios en Göttingen, onde foi alumno de Max Born. Foi profesor nas universidades de Florencia (1924-1926) e Roma (1927-1938); logo trasladouse aos EE UU. Profesor de física na Universidade de Columbia (1939-1942) e na de Chicago (1946-1954), colaborou nos primeiros ensaios e investigacións da bomba nuclear, centro do proxecto Manhattan. Cos seus colaboradores bombardeou con neutróns lentos 60 elementos e logrou a transformación de 40, co que obtivo 40 novos isótopos. Foi o creador da pila atómica e do primeiro reactor nuclear (1942), e investigou a teoría dos espectros e a formación dos raios cósmicos. Foi membro da Real Academia Italiana (1929) e da Royal Society de Londres (1950). Recibiu en 1938 o Premio Nobel de Física polo seus traballos sobre radioactividade artificial producida por neutróns e polo descubrimento das reaccións nucleares causadas por neutróns lentos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Roma -
Deceso
Lugar : Chicago