Fernán Bello, Fidel
Xornalista. Director xeral de Radio Principal-Cadena SER en Monforte de Lemos e Vilalba, e de TV-7 Sur. Realizou estudios de arte dramática na Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid e especializouse en xestión e dirección comercial de empresas na Universidade de Santiago de Compostela. En 1974 comezou a súa actividade radiofónica en Radio Madrid (SER) e en 1979 en Radio Lugo. A mediados dos anos oitenta desenvolveu a súa faceta televisiva no programa Telegalicia de TVE. Posteriormente presentou na TVG Arestora, Que foi de..., De viva voz, Galeguidade e Cousa-cousiña. Volveu a RNE-4 para dirixir e presentar Hoxe en día e en 1990, de novo na televisión, Mar a Mar en TVE Internacional. Recibiu o premio Tertulia de RNE ao mellor programa televisivo por Telegalicia (1987) e diferentes premios TP como mellor presentador (1988) e mellor programa (1989).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Cospeito