Fernández, Sadornín
Fernández, Sadornín
Cerralleiro. De orixe francesa, foi veciño de Santiago de Compostela. Traballou co mestre Guillem Bourse ata o falecemento deste en 1558, ano en que abriu un obradoiro. Realizou, entre outras obras, as reixas do púlpito de Santa María a Grande de Pontevedra (1567), as da capela de San Pedro da Cerca ou da Azucena na catedral compostelá (1571), e as da capela de T. Gómez en Santa María de Salomé (1573). En 1587 o concello de Santiago nomeouno cerralleiro do Santo Oficio do Reino de Galicia, título expedido pola Inquisición en 1584.