Fernández Albor, Gerardo
Médico e político. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor axudante da cátedra de Cirurxía e, posteriormente, doutorouse na Universidad de Salamanca e ampliou estudios en Madrid, Barcelona, Viena, Londres, París e Lyon. Foi presidente da Sociedade de Cirurxía de Galicia e da Academia Médico-Quirúrxica de Santiago de Compostela. Fundou e dirixiu o Instituto Policlínico A Rosaleda e foi Xefe do Servicio de Cirurxía no ambulatorio Concepción Arenal de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores, nos anos setenta, do Partido Popular de Galicia, e formou parte do colectivo Realidade Galega. Candidato á presidencia da Xunta de Galicia por Alianza Popular nas primeiras eleccións autonómicas de 1981, ocupou o cargo ata 1987. Na lexislatura 1994-1999 foi elixido eurodeputado polo Partido Popular, ocupándose da presidencia da Comisión para a reunificación de Alemaña e da Comisión de Exteriores e da vicepresidencia da delegación de América do Sur. Foi presidente do Partido Popular de Galicia, e vicepresidente do Partido Popular de España e do Buró Político do Partido Popular Europeo. Foi fundador de DEIGA (Desenvolvemento Integral de Galicia) e membro de diversas entidades, das que cómpre destacar o Patronato da Universidade de Santiago de Compostela, o Padronato Rosalía de Castro, o Patronado do Museo do Pobo Galego, a Fundación Otero Pedrayo, a Fundación Penzol, a Fundación Brañas, o Instituto da Lingua Galega e o Instituto Galego de Información. Posúe diversas condecoracións de países sudamericanos e de Alemaña, e a Medalla de Ouro de todos os centros galegos do mundo.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela