Fernández de la Mora y Mon, Gonzalo

Fernández de la Mora y Mon, Gonzalo

Político e escritor. Licenciado en Filosofía e Dereito, en 1946 rematou a carreira diplomática, que exerceu en diversas cidades europeas. Foi ministro de Obras Públicas (1970-1973). En 1975 creou a Unión Nacional Española, de carácter reaccionario e continuísta, que entrou en 1976 na federación de Alianza Popular. Vicepresidente de AP (1978) e deputado por Pontevedra na lexislatura constituínte (1977-1979), a finais de 1979 abandonou a formación, en desacordo co reformismo de Manuel Fraga, e integrou, con Silva Muñoz, o frustrado partido Derecha Democrática Española. Escribiu El crepúsculo de las ideologías (1960), Río arriba. Memorias (1995) e Sobre la felicidad (2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Barcelona

  • Deceso

    Lugar : Madrid