Fernández Ferro, Serafín
Poeta e actor. Emigrou a Madrid e contactou cos círculos anarcosindicalistas. Compaxinou os seus variados oficios coa actividade poética e relacionouse con membros da Xeración do 27, entre eles Federico García Lorca. Cando comezou a revolta militar do 36, Ferro estaba na Coruña formando parte do proxecto de creación dunha “Compañía de Ballet Galego”. Durante o cerco de Madrid, conseguiu pasar ao bando republicano e foi destinado como tenente a Barcelona, onde colaborou na revista Nova Galiza. En 1938 entrou en contacto coa Subsecretaría de Propaganda do goberno republicano. Asumiu a produción de España 1936 e estaba a preparar un filme baseado na novela de André Malraux, L’Espoir. O filme Sierra de Teruel foi estreado en París en 1939, pero non se puido ver en España ata 1977. Rematada a Guerra Civil, Serafín Ferro foi internado nun campo de concentración francés e pasou os seus últimos anos no exilio mexicano.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Ciudad de México