Fernández Gayoso, Julio

Fernández Gayoso, Julio

Director xeral de Caixanova. Ingresou na Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo e ascendeu na entidade bancaria ata converterse no seu director xeral en 1965 e no 2000 da nova entidade Caixanova. En nome da entidade formou parte do consello de administración de numerosas empresas e institucións (Confederación Española de Cajas de Ahorro, Ahorro Corporación Financiera, Caser); presidiu Lico-Corporación, SA e foi vicepresidente do Banco Gallego e de R Cable y Telecomunicaciones de Galicia SA. Baixo a súa dirección, produciuse unha expansión da Obra Social da entidade que levou a cabo numerosas realizacións de carácter cultural, docente e asistencial (Centro Cultural Caixanova, Escola de Negocios Caixanova, Escola de Administracións Públicas Caixanova). Foi socio fundador da Fundación Empresa-Universidad Gallega, da Fundación FIES (Fondo para a Investigación Económica e Social) e da Fundación Pro-Vigo, e membro dos padroados do Centro Galego de Arte Contemporánea e da Fundación Laxeiro, entre outros. Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Vigo (2001) e foi galardoado coa Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela (1982), a Medalla de Ouro da cidade de Vigo (1997), a Medalla de Ouro da Cámara de Comercio de Vigo (1999), a Medalla de Ouro do Club Financeiro de Vigo (1999) e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia (2002), entre outras distincións.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo