Fernández Gómez, Modesto
Artista plástico. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo e ampliou estudios no Taller de Pintura Pablo Ruíz Picasso do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (1999). Recibiu, entre outras, a bolsa de paisaxe da Fundación Mondariz-Balneario (1997). A súa poética repensa a pintura como unha expresión lírica, nunha sorte de paixases emocionais, nas que as veladuras, as luces e sombras, recuperan valores pitóricos tradicionais sen esquecer a investigación constante da materia. Desde 1994 participou en exposicións tanto individuais como colectivas, como o Certame de Pintura Eixo Atlántico do Noroeste, Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1999) e no 2001 Bienal de Lalín, Mostra Unión Fenosa e 767 na Fundación Laxeiro. A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa e na Fundación Mondariz-Balneario.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo