Fernández Lago, Xosé

Fernández Lago, Xosé

Teólogo. Ordenado sacerdote en 1967, licenciouse en Sagrada Escritura no Pontificio Instituto Bíblico de Roma (1972) e doutorouse en Teoloxía na Universidade Gregoriana de Roma (1992). Cóengo da catedral de Santiago de Compostela e capelán de San Paio de Antealtares, foi vicerrector do Seminario Maior de Santiago (1973-1985), profesor do Instituto Teolóxico Compostelán desde 1990 e director do Centro de Formación Teolóxica para Segrares desde 1999. Foi un dos coordinadores da primeira versión galega da Biblia (1989), na que traduciu os libros de Xosué, Xuíces, Rut, o Evanxeo segundo San Xoán, ademais de catro cartas de San Paulo (Segunda aos Corintios, aos Efesios, e as dúas aos Tesalonicenses). Colaborador de Compostellanum, Estudios Bíblicos, Reseña Bíblica e El Correo Gallego, escribiu, entre outras obras, El Espíritu Santo en el mundo de la Biblia (1998), Nueva interpretación de la Biblia a partir de los Documentos de Qumrân (1985) e Vida y novena de San Benito (2000).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : O Carril, Vilagarcía de Arousa