Fernández Latorre, Fundación

Fernández Latorre, Fundación

Entidade constituída na Coruña o 7 de novembro de 1997. Ten a súa sede en Sabón (Arteixo) e está vinculada a La Voz de Galicia. Presidida por Santiago Rey Fernández-Latorre e dirixida por Francisco Docampo Gómez, os seus obxectivos céntranse na recuperación e protección do patrimonio histórico e monumental de Galicia, e na salvagarda do ambiente. Contribúe tamén ao estudo da comunicación en Galicia e á formación dos profesionais, da difusión da cultura, a promoción de accións para a terceira idade, a mocedade e a infancia, e o fomento do estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas. Das súas actividades destacan diversos ciclos de conferencias, foros sanitarios, a organización dos premios Fernández Latorre, a xestión do Museo de La Voz de Galicia e a realización de dous programas radiofónicos Voz Natura e El Debate.