Fernández Martínez, Ana María
Escritora e mestra. Realizou estudios de maxisterio na Coruña e licenciouse en Filosofía e Letras na especialidade de Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora da revista Vagalume, redactou xunto con Xoán Babarro, algúns dos primeiros textos empregados para o galego no ensino (O raposo pillabán, 1978; Lúa nova 3, 1981 e O noso galego 1 e 2, 1982 e 1983). Da súa produción destaca Os amigos do cabaceiro (I Premio O Facho de Contos 1977), O Rei Bandullán (1981), O pirata da Illa de Prata (1987), Pola rúa dos versos (1990), O cacarabicolé (1997), A longa viaxe de Carambeliña Polar (1998), Contos da selva de Longorongón (1998). En colaboración con X. Babarro editou Primeiro libro con Malola (Premio O Barco de Vapor 1985), Tres países encantados (1986), Barrigaverde e o dragón Achís (Premio O Barco de Vapor 1990), A chamada das tres raíñas (1991), E un día chegou Miroslav (1997) e O parque da chave dourada (1997).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Palma de Mallorca