Fernández Pradera, Mª Dolores

Fernández Pradera, Mª Dolores

Cantante e actriz. Coñecida como María Dolores Pradera, traballou como actriz de cine e de teatro e como cantante. Acompañada por Los gemelos, popularizou temas como Amarraditos, La flor de la canela, Fina estampa, Caballo prieto azabache, El tiempo que te quede libre ou El día que se hizo tarde. Da súa filmografía sobresaen Mi vida en tus manos, Antes de entrar dejen salir, Altar Mayor e Inés de Castro, e como actriz teatral participou en Madre, el drama padre, El Jardín de los cerezos, Soledad, La Celestina e Mariana Pineda. Da súa discografía, destaca A mis amigos (1988-1990), María Dolores (1989), Entrañable (1990), Por Derecho (1992), Toda un vida (2000), A Carlos Cano (2000), Esencia de mujer (2001) e As de corazones (2002). Debido á censura, en 1992 recolleu o Premio Larra, que lle fora outorgado en 1962 e 1964. Tamén recibiu, entre outros, o Premio Nacional de Teatro, o Premio Orquídea (1993), a Medalla de Madrid ao Mérito Artístico (1987) e a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo (2001).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Madrid