Fernández Queizán, Maximino

Fernández Queizán, Maximino

Autor, actor e director teatral. Coñecido como Maximino Keyzán, licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa actividade teatral, que comezou en Santiago, continuou en Vigo, ao abeiro dun importante movemento de teatro afeccionado. En 1967 creou o Teatro Keyzán co que realizou espectáculos como Ligazón (1967), a partir do texto de Valle-Inclán, La excepción y la regla (1967), sobre o texto de Brecht, ou El Diploma (1967), segundo a obra de Luigi Pirandello. Este labor de presentación de autores contemporáneos foi acompañado coa realización de novos espectáculos con textos de Jardiel Poncela, Alejandro Casona, Molière ou Blanco Amor. Outros traballos importantes foron A raposa e as uvas (1985), sobre un texto de Guilherme Figueiredo, Despois de Magruitte (1992), no que partiu da obra de Tom Stoppard, ou La puerta del paraíso (1993), segundo o texto de Miguel Cobaleda. En 1991 dirixiu Así é, se vos parece, espectáculo creado co texto homónimo de Luigi Pirandello. En 1999 foi nomeado Director da Escola Municipal de Teatro de Vigo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo