Fernández-Gago Díaz, María Elena
Pintora. Coñecida como Elena Gago, iniciou a súa formación na Coruña da man de Dolores Díaz Baliño e despois asistiu á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e ao Círculo de Bellas Artes. Ampliou estudios en París, onde traballou en diversos talleres e, a finais da década de 1960, regresou a Galicia. A súa obra, de carácter realista, amosa espacios interiores como paredes, fiestras, mobles, escaleiras e estancias cheas de obxectos cotiás, matizados polas sombras e cortados pola luz que entra dende o exterior; a estrutura das obras é xeométrica. En ocasións incluíu a figura dunha muller. Dende 1972 o tema foi ocupando un lugar secundario para acadar maior relevancia e interese os valores pitóricos e espaciais. Tamén fixo paisaxes monocromáticas. Realizou as ilustracións de Claridade en que a tentas me persigo (1977), de Miguel González Garcés. Realizou exposicións, entre outras, en Múnic, Bruxelas, Xenebra, Toquio e en diversas cidades españolas. Participou, entre outras mostras, en A arte inexistente. As artistas galegas do s XX (Santiago de Compostela, 1995). A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións da Xunta de Galicia, Caixanova, Caixa Galicia e na Fundación Pedro Barrié de la Maza.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : A Coruña