Fernando II
Emperador do Sacro Imperio Xermánico (1619-1637), rei de Bohemia (Fernando II; 1617-1619) e de Hungría (Fernando II; 1621-1625). Educado polos xesuítas de Ingolstadt, asumiu en 1596 o goberno dos ducados de Estiria, Carintia e Carniola, onde aplicou os preceptos da Contrarreforma e forzou os seus súbditos protestantes á conversión ou ao exilio. Designado emperador trala morte do seu curmán Matías (1619), as súas posturas intransixentes en materia relixiosa provocaron a sublevación dos checos, que ofreceron a coroa imperial ao elector Federico V do Palatinado. Aliado con Filipe IV e a Liga Católica, derrotounos na Batalla da Montaña Branca (1620), o que permitiu acabar coa independencia de Bohemia. En 1629, por medio do Edito de Restitución, facultou a Igrexa Católica a recuperar as propiedades que perderan polo Tratado de Passau (1552), feito que culminou na Guerra dos Trinta Anos.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Graz -
Deceso
Lugar : Viena