fero -ra

fero -ra

(< lat feru)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á fera ou ás feras.

  2. adx [ZOOL]
    1. Aplícase aos animais salvaxes, especialmente os que teñen capacidade para causar dano ao home ou ao seu gando.

    2. Aplícase a calquera animal que presenta as mesmas características ca as feras.

      Sinónimos: feroz. Confrontacións: salvaxe.
  3. adx

    Que ou quen ten un carácter moi violento e cruel.

    Ex: É unha muller de xenio fero.

  4. adx

    Aplícase á discusión, loita ou combate nos que os contendentes poñen moito empeño, furia e paixón.

    Ex: A pelexa entre os boxeadores foi tan fera que tiveron que suspendela.

  5. adx

    Que ten un sabor áspero e amargo.

    Ex: Hai que cocer mellor os grelos para que non sexan tan feros.

  6. adx [HERÁLD]

    Aplícase ao animal que ensina os dentes.

  7. s m

    Cheiro característico que desprenden algúns animais do monte ou salvaxes.

    Ex: Deixa o xabaril en adobo durante máis tempo para quitarlle o fero.

    Sinónimos: bravún.