ferra
ferra
(< ferrar)
-
s
f
Acción e efecto de ferrar.
-
s
f
Marcaxe que se lles fai cun ferro aos animais que viven libres no monte.
Confrontacións: marca. -
s
f
Reforzo de ferro que se lles pon na punteira da sola aos zocos.
Sinónimos: ferradura. -
s
f
Lámina de ferro que rodea as rodas do carros para reforzalas ou para evitar que se desgasten.
Sinónimos: canterla. -
s
f
Peza de ferro curva que vai colocada nos cascos dalgúns animais como protección.
Sinónimos: ferradura.