ferradura
(< ferrar)
-
s
f
Peza de ferro en forma de semicírculo prolongado por dúas ramas que se aproximan polos seus extremos, que se crava nos pezuños dalgúns animais, sobre todo cabalos, vacas e bois, para que non se lles desgasten ou ben para que non se manquen. Tradicionalmente, constitúe un símbolo da defensa do cabalo, por iso adoita colocarse nas entradas das casas, cortes, garaxes, etc, como salvagarda contra os malos espíritos; mesmo, ás veces, tamén é usada como medio de defensa a propia pata do cabalo morto. Na tradición oral recóllense ditos como: “Con ferradura ou sen ferradura, coida ben a túa mula. Ferradura que choquelea, cravo lle falta”.
Ex: Puxéronlle mal as ferraduras ó cabalo e agora coxea.
Sinónimos: ferra. -
s
f
Reforzo de ferro que se coloca na punteira das solas dos zocos para que non se desgasten.
Sinónimos: ferra. -
s
f
-
Calquera cousa de forma semellante á peza que se coloca como protección nos pezuños dalgúns animais.
Ex: Mercou dúas ferraduras de follado.
-
Anaco de carne do pescozo do porco que presenta a forma deste obxecto.
-
-
s
f
[HERÁLD]
Figura heráldica que simboliza sorte e salvagarda contra os malos espíritos.
Frases feitas
-
Amosar as ferraduras. Dar couces.
Refráns
- Ferra a besta lixeiro e andarás cabaleiro.
- Ferradura que chouqueletea, cravo lle falta.