1 ferrado

1 ferrado

(

  1. s m [METROL]

    Unidade métrica tradicional galega, que se emprega para medir superficies das parcelas agrarias e forestais e tamén para medir o volume dos grans. En principio o ferrado é unha medida de capacidade de áridos. O seu valor varía entre unha comarca (ou incluso parroquia) e outra. Como medida de superficie empregábase nun principio como a referencia da capacidade produtiva potencial dunha parcela, de feito que indicaba a cantidade de ferrados de capacidade que se tiraban dunha colleita nesa parcela; de aí que as diferencias de valor da medida se manifesten mesmo no interior dunha mesma parroquia, onde o tamaño dun ferrado de monte adoita ser maior que o dun ferrado de terra de labor.

    Sinónimos: tega.
  2. s m

    Recipiente ou caixón con forma de trapecio que ten esa capacidade.