Ferradás Blanco, Rodolfo Lois

Ferradás Blanco, Rodolfo Lois

Pedagogo. Doutorouse en Pedagoxía (1998) coa tese Avaliación da calidade do programa Preescolar na Casa. Profesor titular da facultade de Ciencias da Educación, desde 1972 a 1988 organizou e animou varios grupos e asociacións xuvenís como Solpor, Sementeira ou Eira Nova e experiencias de educación infantil e xuvenil no tempo libre. Nesta época tamén impulsou a Escola Alento de Educadores no Tempo Libre, da que foi o primeiro director. Como mestre e pedagogo destaca o seu traballo formando parte do equipo do programa Preescolar na Casa (1977-1988). Contribuíu á creación do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Foi director da Escola Universitaria de Maxisterio (1991-1994) e vicedecano da facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (1997-2001). É vicepresidente do Consello Municipal de Educación de Santiago de Compostela, vicepresidente do padroado da Fundación Preescolar na Casa-Antonio Gandoy e secretario do padroado da Fundación Meniños. É coautor do libro A educación infantil en Galicia (1998) e colaborou en O contexto sociopedagóxico da acción instrutiva en Galicia (1984), A educación en Galicia (1988) e Current Changes and Challenges in European Teacher Education (1997).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ledesma, A Ponte