Ferramenta

Ferramenta

Publicación de carácter sindical aparecida en Ferrol entre 1974 e 1977. Foi o voceiro dun sector de Comisións Obreiras desta localidade do que saíron polo menos dez números. Foi o xermolo do Sindicato Obreiro Galego de Ferrol.