Ferrán i Clúa, Jaume
Médico e bacteriólogo. Licenciouse en medicina en Barcelona (1873). Interesouse pola bacterioloxía e realizou investigacións sobre as enfermidades epizoóticas. En 1884 encargáronlle o estudo da epidemia de cólera en Marsella e Tolón. Colleu como base o descubrimento do Bacillus virgula do cólera, feito por Koch en 1883, e os métodos de vacinación de Pasteur, e acadou, coa colaboración de Innocent Paulí, unha vacina contra o cólera (1885). A Académie des Sciences de París concedeulle o premio Breant (1907) por este decubrimento. Creou outras vacinas, como a antitífica (1887) e a antirrábica, un método supraintensivo de vacinación baseado na inoculación de virus activos para provocar unha reacción defensiva intensa do organismo. Tamén preparou outra vacina contra a tuberculose, a anti-alfa, e introduciu en España o suero antidiftérico de Behring. Escribiu un gran número de publicacións, como Etiología del paludismo (1883), La inoculación preventiva contra el cólera morbo (1886), en colaboración con I. Paulí e A. Gimeno, Estudios de la rabia y su profilaxis (1889), Nueva bacteriología de la tuberculosis... (1910), À propos du microbe de la rage (1911), Vacuna contra la tuberculosis (1917), La unidad etiológica de la gripe y vacuna de esta enfermedad (1917) e Las paradojas científicas de la tuberculosis (1920).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Corbera de Terra Alta -
Deceso
Lugar : Barcelona