Ferrari, Anna
Profesora e investigadora. Catedrática de Filoloxía Románica na Facultade de Letras e Filosofía da Universidade de L’Aquila. É coordinadora de redacción da revista Cultura Neolatina, forma parte do consello asesor do Anuario de Estudios Literarios Galegos, integra o comité científico da Revue des Langues Romanes, é vicepresidenta da Asociación Hispánica de Literatura Medieval e da Association Internationale d’Etudes Occitanes, e membro da Societé Internationale de Linguistique Romane e da Società Italiana di Filologia Romanza. O seu labor investigador céntrase, na lírica románica medieval, en particular, nas súas manifestacións provenzais e galego-portuguesas. Coordina o grupo de investigación Intavulare. Tavole di canzonieri romanzi, destinado á publicación dos índices antigos de todos os cancioneiros románicos medievais e á elaboración de índices modernos dos mesmos. En 1979 realizou unha análise paleográfica e codicolóxica do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B). Sobre a tradición manuscrita galego-portuguesa, escribiu “Le chansonnier et son double” (1991), no que valora a utilidade dos codices descripti e profundiza nas relacións entre os dous apógrafos italianos B e V e “Sbagliando (loro), s’impara (noi): tipologia e interese dell’incipiens error nel Colocci Brancuti” (2001), no que analiza a tipoloxía do incipiens error en B e a súa utilidade ecdótica. Ademais escribiu numerosos artigos ou contribucións a congresos nos que se achega a aspectos particulares da poética provenzal ou ás relacións formais e de contido existentes entre aquela tradición lírica e a dos trobadores galego-portugueses.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Guiglia, Modena