Ferreiro Fernández, Manuel
Filólogo. Doutorouse en Filoloxía Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela (1990). Catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa na facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, traballa fundamentalmente no campo da lingüística histórica galega e da edición de textos antigos (medievais, medios e decimonónicos) da historia cultural e literaria galega. Coordina o labor científico da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor e dirixe a Revista Galega de Filoloxía da Universidade da Coruña. Ademais de ser autor de numerosos relatorios, artigos e colaboracións en publicacións especializadas, cómpre destacar os seus libros Pondal: Do dandysmo á loucura (Biografia e correspondéncia) (1991); As cantigas de Rodrigu’Eanes de Vasconcelos (1992); Poesía Galega Completa, de E. Pondal (vol I, Queixumes dos Pinos, 1995; vol II, Poemas Impresos, 2001; vol III, Poemas Manuscritos, 2002), Gramática Histórica Galega (vol I, Fonética e Morfosintaxe, 1995; vol II, Lexicoloxía, 1997); en colaboración con C. P. Martínez Pereiro, Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amigo, Historia da Literatura Galega. Cantiga de Amor, Historia da Literatura Galega. Cantiga de Escarnio e de mal dizer, Historia da Literatura Galega. Cantigas de Santa Maria, todos publicados en 1996, De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego (1996), A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera (2002), de Ramón Cabanillas, en colaboración con Goretti Sanmartín Rei.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Saavedra, Begonte