Ferreiros, Santo Eusebio de

Ferreiros, Santo Eusebio de

Igrexa situada na parroquia de Santo Eusebio da Peroxa (Coles). De orixe románica, trátase dun templo barroco construído sobre un xacemento castrexo. O edificio ten planta única e ábsida rectangular. Da construción románica consérvanse a nave, unha ventá sobre o testeiro e os canzorros dos beirís laterais. A fachada e a torre son froito dunha reconstrución realizada polo mestre Blas de Cabanelas no 1808. Conserva un retablo maior barroco, obra de Francisco de Castro Canseco.